18 Nov 2019

INGLÉS PRÁCTICO PARA TURISMO

Pechado

 

 

Programa

 

A Estratexia do Turismo de Galicia 2020,  ten identificada  a necesidade da mellora da comunicación do sector turístico con clientes internacionais e que falan outras linguas.

Así, proponse unha acción formativa, para profesionais do sector turístico, de inmersión lingüística en inglés durante 2 días de convivencia, na que os participantes poderán facer uso do idioma dun xeito práctico en situacións similares ás do seu día a día. Esta formación estará enfocada a tarefas específicas de distintos sectores do turismo.

DATA: 18 e 19 de novembro de 2019

HORARIO:  De 8.30 h do luns 18 ás  18.30 h do martes 19 de novembro.

LUGAR: Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG)
Estrada Santiago –Noia km. 1 A Barcia  15896 Santiago de Compostela

Nº PRAZAS: 15

DESTINATARIOS:
Guías e informadores turísticos, persoal de hoteis e restaurantes  en contacto directo coa clientela, persoal de programación e comercialización turística, outros profesionais do sector turístico en contacto con clientes estranxeiros.

REQUISITOS MÍNIMOS:
Nivel mínimo B1 ou B2 de inglés.

OBXETIVOS:

  • Proporcionar ferramentas de comunicación concretas para facilitar o servizo cara o cliente.
  • Incrementar a confianza  á hora de expresarse en inglés, traballando a expresión oral e a pronunciación.
  • Incrementar o vocabulario específico.
  • Acadar que o intercambio comunicativo co cliente estranxeiro sexa fluído e espontáneo.


CRONOGRAMA:


Luns, 18 de novembro de 2019

 8.30 h. Benvida e presentación dos participantes. Almorzo.
 9.30 h. Presentación e visión da industria e o negocio turístico.
10:30 h. Traballo en equipos e presentación
11:30 h. Pausa café
12.00 h. Reservas de hotel e avión. Xogo de rol: "Véndeme o teu hotel"
14:00 h. Xantar
15.30 h.  Aloxamento turístico: servizos hoteleiros, instalacións,  tendencias, etc.
17.30 h. Pausa café
18.00 h. O trato cos clientes.
20.00 h. Cea
21:00 h. Estudo do caso "como facer para que un bo hotel sexa excelente"
22:00 h.  Xogo "Tourism Taboo "


Martes, 19 de novembro de 2019

8.30 h.  Almorzo.
9.30 h. Información Turística para os clientes: Guía e oficina de turismo. Previsión do tempo, destinos e produtos turísticos, asesoramento turístico, desenvolver un destino, cousas que facer, explicar un proceso de fabricación: cervexa e viño.
14:00 h. Xantar.
15.30 h. Restaurantes e servizos de restauración: hábitos, escoller un restaurante, reservar unha mesa, tomar un pedido, proceso de pagar a conta, léxico de alimentos.
18.00 h. Despedida.


PREZO DO CURSO:
O curso é gratuíto. Inclúe participación no curso, aloxamento obrigatorio o luns 18 de novembro na Residencia do CSHG e comidas.

INSCRICIÓN:
Pode facer a súa solicitude para o proceso de selección a través deste formulario: pique aquí
Máis información:  formacioncontinua@cshg.es ou tlf. 981 542 592
 

Arriba