21 Oct 2021

WEBINAR "EFICIENCIA ENERXÉTICA EN HOTEIS E RESTAURANTES"

Pechado

WEBINAR "EFICIENCIA ENERXÉTICA EN HOTEIS E RESTAURANTES"

Para inscribirse no Webinar : PIQUE AQUÍ

 

 

Programa

 

Entre os obxectivos do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2021, está o facilitarlle  ás empresas do sector turístico ferramentas  e coñecementos que lle permitan combater ou incluso saír reforzadas da crise provocada pola COVID-19.

Por ese motivo púxose en marcha o Programa de Macro-Tendencias e Sustentabilidade, no que a través dunha formación práctica estruturada en 7 webinars,  no que se tratará entre outros temas a sustentabilidade, interiorísimo ou eficiencia enerxética, as empresas do sector turístico galego quedarán capacitadas para tomar decisións informadas que lle permitan adaptarse  ás demandas dos clientes do presente e do futuro.


Neste cuarto Webinar Eficiencia enerxética en hoteis e restaurantes, realizarase unha análise dos prinipais consumos enerxéticos, facendo unha introducción ás principais subministracións de enerxía utilizadas, así como o seu impacto na distribución económica do gasto.

Contidos:

Principais instalacións consumidoras de enerxía

Hoteis e Casas Rurais. Análise do impacto da climatización, auga quente sanitaria, piscinas, spas, iluminación e lavandería e cociña.
Restaurantes e Cafeterías. Análise do impacto da climatización, a iluminación e a cociña.

Opcións de optimización enerxética

Introdución ás distintas opcións para a optimización enerxética tanto térmica como eléctrica, facendo especial fincapé nas opcións de enerxía verde e renovable.

Optimización tarifaria

Introdución á análise das tarifas eléctricas para a optimización de tarifas e negociación coas distintas compañías distribuidoras de enerxía.



DATA: Xoves, 21 de outubro ás 11:30 h

 

Nº PRAZAS: 150




RELATOR: CORAL SOUTO · Enxeñeira Insdustrial

En 2008 funda a firma de enxeñería “ Seingenia ® Solucións de Enxeñería” da Coruña, desde entón vén desenvolvendo proxectos de instalacións no ámbito industrial, terciario e gran residencial. Nos últimos 10 anos especializouse na optimización enerxética das instalacións, buscando a mellora da eficiencia, así como a integración de enerxías renovables.

 
DESTINATARIOS
Emprendedores turísticos, directivos, xefes de equipo ou departamento de empresas turísticas e hostaleiras, propietarios, profesores e consultores en turismo e hostalería 


 

PREZO DO CURSO
O curso é gratuíto. Inclúe participación no webinar interactivo e material formativo documental e actividades de avaliación.



CERTIFICADO
Os alumnos que participen no webinar, poderán obter o Certificado de aproveitamento da formación, logo de superar un test de auto avaliación que se lle enviará a través da plataforma de formación de Turismo de Galicia.

INSCRICIÓN
Para inscribirse no Webinar :  PIQUE AQUÍ
Máis información:  formacion.turismo@xunta.gal

 

 

 

Arriba