29 Nov 2022

PROGRAMA "DIXITALIZA O TEU NEGOCIO TURÍSTICO"

31 December 2022

DIXITALIZA O TEU NEGOCIO TURÍSTICO

Este programa en formato blended  consta con 18 píldoras formativas de videocurso para poder realizar en horario flexible, que se complementan con 5 sesións telepresenciais de apoio durante os meses de outubro, novembro e decembro.

Inicio o 17 de outubro. Aberto ate o 31 de decembro

Para participar no programa: PIQUE AQUÍ 

 

Programa

 

O obxectivo de este programa de transformación dixital , é dotar ás empresas participantes do coñecemento necesario para implementar o proceso de transformación dixital, definir a estratexia dixital e poñer en marcha o conxunto de aplicacións e servizos necesarios para ser máis competitivo.

Este programa vai dirixido atodas as pemes e autónomos do sector turístico de Galicia,  e e está diseñado para dar flibilidade á hora de realizalo,, cun formato  “blended” (teleprencial e videocurso), con contidos teóricos e exercicios prácticos para mellorar ao máximo a aplicabilidade dos coñecementos adquiridos ao ritmo que se desexe cada alumna/o.

 

PROGRAMA

O curso consta de 18 sesións de autoformación (píldoras formativas)  de 1 hora de duración  que inclúen 25 minutos de teoría, 25 minutos de exercicios guiados, e remata cun exercicio final.


Negocio

1. Modelo de negocio con Business Model Canvas
2. Deseño do perfil de cliente
3. Deseño da experiencia de cliente
4. Como crear produtos experienciales e sustentables

Marketing Dixital
5. Fundamentos do Marketing Dixital
6. Páxina web con Wordpress
7. Fundamentos do posicionamento orgánico SEO
8. Creación de enquisas con Zoho
9. Estratexia e publicidade en Facebook
10. Crea a túa canle de Youtube paso a paso
11. Fotografías co Smartphone, Snapseed e Google Fotos
12. WhatsApp Business para o negocio

Plataformas e servizos na nube
13. Saca o máximo proveito do teu Gmail
14. Disco duro virtual con Google Drive
15. Slides (presentacións) da ofimática de Google
16. Google docs da ofimática de Google
17. Xestión de tarefas con Trello
18. Estatísticas web con Google Analytics
 

FORMADOR:  Tirso Maldonado
Consultor IT e emprendedor. Socio Director en Socialtec, empresa especializada no desenvolvemento de solucións IT e negocio en liña.  Con máis de 25 anos de experiencia, está especializado no negocio en liña e as tecnoloxías da información entre outros. Bachelor en Administración de Empresas  pola Universidade Internacional de Cataluña, Bachelor en Ciencias Finanzas & Márketing (Bentley College -Boston), Master en Administración de Sistemas de Información (Bentley College – Boston), SAP: Do ERP ao eBusiness (Universidad Ramon Llull). Profesor da EOI (Escuela de Organización Industrial) en Negocio dixital,  na JSF Travel & Tourism School e na Escola Internacional de Administración Hotelera Vatel. Facilitador UNWTO Academy (OMT). Participou en proxectos como a definición do Sistema de Xestión de Destinos para a Agencia Valenciana de Turismo e  no deseño da arquitectura da solución Travel Open Apps

 

DATA INICIO CURSO: 17 de outubro

Datas para realizar autoformación:
Do 17 de outubro a 31 de decembro poderá realizar en xornada flexible as 18 píldoras formativas.

Datas Xornadas en liña (Webinars):

Luns 17 de outubro. Sesión de presentación (De 18:00 a 19:30 horas)
Luns 31 de outubro. Dúbidas e preguntas  (De 18:00 a 19:30 horas)
Luns 14 de novembro. Dúbidas e preguntas  (De 18:00 a 19:30 horas)
Luns 5 de decembro. Dúbidas e preguntas  (De 18:00 a 19:30 horas)
Luns 12 de decembro. Sesión de clausura. (De 18:00 a 19:30 horas)

 

INSCRICIÓN:

Para participar no programa: PIQUE AQUÍ  ( Aberto ate o 31 de decembro)

Máis información:  formacion.turismo@xunta.gal

Arriba