CIBERSEGURIDADE NA EMPRESA (1 HORA)
Programa
Entre os obxectivos do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2023, está o facilitarlle ás empresas do sector turístico ferramentas que lle permitan mellorar a súa xestión e a venda dos seus productos e servizos. Entre os temas a abordar neste plan de formación identifícanse como demandas prioritarias, a transformación dixital e a innovación como resposta ao novo paradigma do mercado turístico, sen olvidar a correcta xestión dos riscos asociados ao mundo dixital.
Neste curso dunha hora sobre ciberseguridade empresarial, terás a oportunidade de aprender sobre os riscos asociados co correo electrónico, os dispositivos informáticos, as aplicacións na nube e o cifrado de información.
Trátase dun curso curto, claro e práctico que che permitirá mellorar a seguridade da túa empresa unha vez que o completes. Nos últimos anos, o uso da tecnoloxía evolucionou de maneira significativa, con todo, moitas veces non tomamos as medidas de seguridade adecuadas para evitar problemas.
O curso consta dunha sesión introductoria sobre os conceptos básicos de seguridade, unha descrición da nosa propia metodoloxía de seguridade coñecida como "canvas de seguridade" e un exercicio práctico que che axudará a avaliar a saúde dixital da túa empresa.
DATAS: Curso de formación permanente dispoñible dende o 1 de setembro de 2023
Nº PRAZAS: Ilimitadas
FORMADOR: Juan Carlos Fernández
Abogado e Fundador de TECNOGADOS, empresa especializada na formación en ciberseguridade, privacidade e legalidade vinculada as novas tecnoloxías. Juan Carlos é avogado e Técnico superior en informática especialista en dereito e novas tecnoloxías, protección de datos e seguridade da información e a privacidade. Acumula experiencia como formador nesta materia para a EOI (Escola de organización industrial), a UCLM (Universidade de Castilla la Mancha) entre outras moitas institucións. Participou tamén como relator nos principais congresos de Seguridade informática (CNN-Cert, RootedCon, Navaja Negra, MorterueloCon, etc).
DESTINATARIOS
Este curso é recomendable para calquera propietario, directivo, consultor, técnico da administración ou calquera outro profesional do sector turístico interesado en mellorar os seus coñecementos de seguridade na contorna dixital.
INSCRICIÓNS
Para facer a túa inscrición neste curso PIQUE AQUI
Máis información: formacion.turismo@xunta.gal