20 Mar 2024

CREA A TÚA PROPIA CANLE DE YOUTUBE PASO A PASO (1 HORA)

31 December 2024

CREA A TÚA PROPIA CANLE DE YOUTUBE PASO A PASO (1 HORA)

Para facer a túa inscrición neste curso PIQUE AQUI

Programa

 

Entre os obxectivos do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2023, está o facilitarlle  ás empresas do sector turístico ferramentas que lle permitan mellorar a súa xestión e a venda dos seus productos e servizos.  Entre os temas a abordar neste plan de formación identifícanse como demandas prioritarias, a transformación dixital e a innovación como resposta ao novo paradigma do mercado turístico.

Neste curso aprenderás todo o necesario para crear a túa propia canle de Youtube e mellorar as túas habilidades na creación de vídeos. En primeiro lugar, coñecerás os diferentes tipos de vídeos, como deseñar un storyboard, os distintos tipos de plano, o software de edición de vídeo, os bancos de son gratuítos e algúns consellos finais.
 
En segundo lugar, aprenderás paso a paso como configurar, optimizar e posicionar a túa canle de Youtube, todo de maneira práctica e navegando pola aplicación. Dado que Youtube é a segunda plataforma con máis tráfico do mundo, é fundamental estar presente nela e posicionar ben os teus contidos.
 
Ademais, unha boa estratexia para mellorar o tempo de conexión dos usuarios no teu sitio web é incrustar os vídeos que teñas na túa canle de Youtube. Non perdas a oportunidade de mellorar as túas habilidades na creación de vídeos e aumentar a visibilidade da túa marca.


DATAS: Curso de formación permanente dispoñible dende o 1 de setembro de 2023

Nº PRAZAS: Ilimitadas

FORMADOR: Tirso Maldonado
Consultor IT e emprendedor. Socio Director en Socialtec, empresa especializada no desenvolvemento de solucións IT e negocio en liña.  Con máis de 25 anos de experiencia, está especializado no negocio en liña e as tecnoloxías da información entre outros. Bachelor en Administración de Empresas  pola Universidade Internacional de Cataluña, Bachelor en Ciencias Finanzas & Márketing (Bentley College -Boston), Master en Administración de Sistemas de Información (Bentley College – Boston), SAP: Do ERP ao eBusiness (Universidad Ramon Llull). Profesor da EOI (Escuela de Organización Industrial) en Negocio dixital,  na JSF Travel & Tourism School e na Escola Internacional de Administración Hotelera Vatel. Facilitador UNWTO Academy (OMT). Participou en proxectos como a definición do Sistema de Xestión de Destinos para a Agencia Valenciana de Turismo e  no deseño da arquitectura da solución Travel Open Apps


DESTINATARIOS

Este curso é recomendable para calquera propietario, directivo, consultor, técnico da administración ou calquera outro profesional do sector turístico interesado en mellorar os seus coñecementos de seguridade na contorna dixital.


INSCRICIÓNS
Para facer a túa inscrición neste curso PIQUE AQUI

Máis información: formacion.turismo@xunta.gal

Arriba