02 ago 2022

Nava Castro participa na presentación do cartel da 62 edición da romaría viquinga de Catoira

 A directora de Turismo de Galicia, Castro felicitou aos organizadores por este festexo que permite trasladar e facer visible nosas tradicións o resto do mundo e que reúne ano tras ano a centos de persoas nas torres de Catoira

 

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participoue xunto o alcalde de Catoira, Alberto García, na  presentación do cartel da 62 edición da romaría viquiinga de Catoira- Festa de Interese Turístico Internacional.

Nava Castro felicitou aos organizadores por este magnífico festexo que permite trasladar e facer visible as nosas tradicións ao resto de mundo e que reúne ano tras ano a centos de persoas nas torres de Catoira. “Unha festa emblemática en Galicia, non só pola súa peculiaridade senón polo seu arraigo e pola súa tradición nesta comarca”, indicou a directora xeral de Turismo de Galicia.
 
 
Ademais, lembrou que a festa se leva a cabo nas Torres de Catoira, un dos conxuntos monumentais declarados Ben de Interese Cultural (BIC) que será obxecto dunha profunda rehabilitación cun investimento previsto de 300.000 euros para o acondicionamento de accesos e mellora paisaxística, iluminación eficiente, museografía dixital e mellora da accesibilidade deste monumento histórico-artístico declarado Ben de Interese Cultural.
 
 A actuación enmárcase dentro do Plan Xacobeo Next Generation, que se executará en Galicia este ano e que suporá unha inxección de 39,2M€ no noso territorio e no que tamén se inclúe o Proxecto integral de valorización da Ruta Traslatio (2,6M€), que permitirá converter esta ruta nun camiño de referencia para captar novos visitantes e consolidar Galicia como destino turístico náutico, e do que tamén se beneficiará Catoira por formar parte deste tradicional itinerario xacobeo.
 
Arriba