Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: IGREXA DE SANTO ANDRÉ DE CABANAS&body=Recoméndoche que leas a información IGREXA DE SANTO ANDRÉ DE CABANAS extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/23446/igrexa-de-santo-andre-de-cabanas?ctre=31%26tp=8
Igrexa parroquial do século XVIII, que deriva de diversas etapas construtivas o que lle dá á igrexa un aspecto irregular. A fachada da igrexa é lateral por razóns do seu emprazamento. A nave, á que se arrima unha torre, presenta a cada lado do presbiterio, dúas capelas. A capela Sur de Rioboo foi fundada no ano 1683. A capela Norte dá acceso ás estancias que constitúen a sancristía.
Foi reedificada en 1942 conservándose a torre campanario do século XVIII, a capela maior e dúas capelas que comunican con ela. A capela maior, de estilo gótico, posúe o arco de acceso apuntado e cóbrese con bóveda de crucel. Capela sur é denominada da Concepción ou capela de Riobóo, fundada en 1683 polo arzobispo Francisco de Seixas. Cuberta con bóveda de aristas, con dous altares pétreos adosados nas paredes, responde aos canones renacentistas.
A outra capela, cuberta con bóveda de crucel con nervios apoiados en ménsulas, é a da Nosa Señora do Carme e San Alberto, fundada en 1704 polo cura Alberto López Baliño.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.