Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: SANTA CLARA&body=Recoméndoche que leas a información SANTA CLARA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso?cod_rec=5225%26ctre=33
Construción barroca de mediados do século XVIII de grandes dimensións en perpiaños.
A fachada caracterízase pola súa planitude e racionalidade escurialense, sendo o único lugar de decoración o soportal da entrada. O claustro foi realizado polo arquitecto fray Domingo Antonio de Puga. Componse de galerías organizadas por 72 arcos de medio punto entre pilastras. A igrexa foi concibida con deseño austero en planta e alzado. A portada concentra o maior despregamento ornamental do edificio. Presenta unha decoración xeométrica, sendo unha simplificación da portada do convento de Santa Clara da cidade de Santiago.
A porta está rodeada por un marco reafundido, creándose o claroscuro típico do barroco. No lintel destaca unha vieira. Sobre a entrada sitúase unha fornela que alberga a imaxe de Santa Clara; a un nivel superior obsérvase unha ventá e a imaxe do Padre Eterno, rodeado de volutas, nubes e coroado co triángulo simbólico da Trinidad.
No seu interior presenta unha planta en cruz latina, con nave de dous tramos, cruceiro e presbiterio rectangular.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.