Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
A beiras do Océano Atlántico encóntrase a cidade de Vigo, a máis poboada de Galicia. Combina a perfección a súa parte histórica e cultural cun entorno dividido entre praia e montaña ademais de ser unha cidade innovadora e industrial. Coa súa orixe pesqueira deixounos un casco antigo de forte sabor mariñeiro. En Vigo faremos unha visita panorámica pola cidade contemplando o Monumento ó traballo, a Fonte dos Cabalos, a porta do Atlántico, a Praza da Industria, as instalacións portuarias, o club náutico, a estación marítima, o Mirador da Guía (vistas sobre a Ría de Vigo e Illas Cíes), Pazo-Museo "Quiñones de León" (mobiliario da época e xardíns artísticos), Fortaleza do Castro (vistas sobre a cidade e instalacións portuarias), o Berbés (antigo barrio mariñeiro), a Colexiata, o Mercado de Pedra e o Mercado das Ostras. Gozaremos dun agradable paseo polo casco vello da cidade.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.