CAPELA DE ESPERANZA

Relixioso
91

Localización

Parroquia: Santa Mariña do Monte (Santa Mariña)

Lugar: A Esperanza 10

15561  San Sadurniño - A Coruña

Coordenadas:
43º 34' 40.0" N - 8º 05' 33.0" W

Descrición

Pequena e sinxela capela sen estilo definido, de tipoloxía rural. Conta cunha soa nave. Presenta unha fachada absolutamente austera en canto a ornamentación. Mostra a típica combinación de muros de cachotería de granito revestidos e pintados de branco e esquinais e contornos dos vans que deixan á vista as mellores pezas de pedra. Áchase nun bucólico paraxe natural, illada e rural.

Accesibilidade

Peonil e/ou en coche.

Acceso

Dende a capital municipal, tomar a CP-7603 sinalizado a Valdoviño, no km 6, seguir estrada á dereita, desvío polo camiño sinalizado a Esperanza, nas inmediacións atopa a capela.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Última actualización: 27/04/2017
Arriba