Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: MARÍA BARGIELA&body=Recoméndoche que leas a información MARÍA BARGIELA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/258439725/maria-bargiela?langId=gl_ES
Parroquia: Porto (San Paulo)
Lugar: Porto de Abaixo 10
36458 Salvaterra de Miño - Pontevedra
A casa rural "María Bargiela" sitúase na parroquia de Porto, concello de Salvaterra de Miño un lugar dominante e tranquilo preto do río Miño. A 15 minutos de Tui e Valença de Miño e a media hora de Vigo.
É unha casa tradicional galega de cachotaría que data do século XVIII. A planta baixa está adicada a adega, onde se conservan dous antigos lagares de pedra e onde elaboran o seu propio viño.
A casa alúgase completa con capacidade para grupos de 6 a 10 persoas e componse de:
- Tres habitacións dobres con baño
- Unha habitación cuádrupla con baño e sala de estar.
- Un salón comedor con cheminea, un aseo con lavadora.
- Unha ampla cociña completamente equipada (cafetera, microondas, forno, frigorífico, lavalouzas, etc.).
Anexa á casa atópanse un antigo forno de pan, un vertedoiro de pedra e unha lareira usada como barbacoa. Tamén podemos ver unha fermosa fonte (por debaixo do nivel do terreo, á que se accede descendendo unha empinada escaleira), un canastro de pedra e un antigo lavadoiro reformado coma unha piscina natural enchida coa auga da fonte.
Tipo de cuarto | Número de cuartos | Número de prazas |
---|---|---|
Cuartos uso dobre | 4 | 8 |
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.