CURSO: "O PODER DA IA PARA TRANSFORMAR O TURISMO EN GALICIA" (150h)
Programa
No marco do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2025, inclúese unha serie de cursos especializados en competencias dixitais, deseñados para fortalecer a capacidade dos empregados do sector turístico galego en activo. Este PLAN DE COMPETENCIAS DIXITAIS inclúen 10 accións formativas, financiadas polo Goberno de España a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia con fondos NextGeneration-UE, e buscan impulsar a transformación dixital e innovación como elementos crave para mellorar a xestión, a competitividade e a sustentabilidade das empresas turísticas de Galicia.
A formación responde á crecente necesidade de adaptarse a un mercado turístico en constante evolución, onde as tecnoloxías dixitais, como a intelixencia artificial, a eficiencia na xestión e as ferramentas colaborativas, están a redefinir os modelos de negocio e os hábitos de consumo. Así mesmo, está aliñada cos obxectivos do Compoñente 19 do PRTR, que prioriza a formación continua en competencias dixitais como vehículo para reducir brechas de capacidade, promover a inclusión e garantir a modernización do tecido empresarial, especialmente en sectores estratéxicos como o turismo.
Este plan persegue posicionar ao sector turístico de Galicia como referente nacional e internacional na adopción de competencias dixitais, impulsando tanto a modernización empresarial como a sustentabilidade ambiental, e garantindo un modelo turístico inclusivo, adaptado ás demandas dos turistas do século XXI.
Programa:
Este programa non só céntrase na adquisición de habilidades técnicas, senón que tamén aborda aspectos cruciais como a seguridade, a ética na IA e a sustentabilidade, preparando aos participantes para liderar proxectos de IA cunha visión holística e responsable. Ademais, o enfoque práctico en cada sesión permite que os participantes adapten o aprendido ás necesidades particulares dos seus negocios turísticos.
Este programa é unha oportunidade única para que as empresas de turismo, desde casas rurais ata hoteis ou axencias de viaxe, #etc, descubran como integrar a IA nas súas operacións diarias. A través de workshops telepresenciales e exercicios prácticos, cada participante poderá explorar como a IA pode optimizar os seus procesos, mellorar a experiencia dos seus clientes e xerar estratexias personalizadas que respondan os desafíos actuais do mercado turístico.
Este enfoque integral asegura que os coñecementos adquiridos non queden só na teoría, senón que se apliquen directamente no día a día de cada empresa, axudando a consolidar unha vantaxe competitiva nun mercado en constante evolución. O curso impulsa a innovación dixital e posiciona aos alumnos á vangarda do sector.
Obxectivos: Ao finalizar o noso programa formativo, os participantes non só adquirirán un amplo coñecemento sobre a Intelixencia Artificial e a súa aplicación no sector turístico, senón tamén ferramentas concretas e proxectos persoais que potenciarán a súa capacidade para emprender e mellorar a competitividade dos seus negocios.
Este programa está deseñado para equipar aos profesionais do turismo con habilidades e coñecementos altamente valorados por empresas que buscan descubrir e maximizar o potencial da IA nas súas operacións, abrindo así novas oportunidades nun mercado en constante evolución.
Cada participante terá a oportunidade de crear o seu primeiro plan de implantación de IA adaptado á súa empresa turística. Este exercicio práctico servirá non só como unha ferramenta de aprendizaxe sobre como estruturar e desenvolver un proxecto viable, senón tamén como un paso inicial real cara á modernización e o emprendemento no sector.
Os plans desenvolvidos poderán ser utilizados polos participantes para implementar solucións baseadas en IA nas súas propias empresas, aplicando de maneira práctica os coñecementos adquiridos no curso.
En resumo, os participantes levarán un conxunto de habilidades e ferramentas prácticas, xunto cun plan de implantación de IA concreto, que lles abrirá portas tanto no ámbito laboral como no emprendemento. Con estes recursos, estarán ben equipados para enfrontar e liderar a transformación dixital no sector turístico, marcando unha diferenza significativa no seu futuro profesional.
Metodoloxía:
O curso seguirá unha metodoloxía telepresencial a través de 23 sesións interactivas que combinarán clases teóricas con workshops prácticos. Estas sesións permitirán aos participantes adquirir e aplicar coñecementos directamente nas súas contornas laborais. Ademais, todas as sesións serán gravadas e estarán dispoñibles en formato en liña, permitindo aos rexistrados acceder ao contido e completalo de maneira flexible durante todo o ano 2025 e ata abril de 2026.
Datas e Horario: En horario de 16.00h a 20.00h
• 20, 21 e 24 de xaneiro de 2025
• 3, 4 e 7 de febreiro de 2025
• 17, 18 e 21 de febreiro de 2025
• 24, 25 e 28 de febreiro de 2025
• 6 e 7 de marzo de 2025
• 10, 11 e 14 de marzo de 2025
• 17, 18 e 21 de marzo de 2025
• 24, 25 e 28 de marzo de 2025
Contidos:
1. Introdución á IA
2. O cliente de nova xeración no turismo con intelixencia artificial
3. Fundamentos da Enxeñería de Prompts
4. Técnicas avanzadas de Enxeñería de Prompts
5. Implementación e casos de uso (I)
6. Introducción ao deseñoe programación de GPT's
7. Deseño e desenvolvemento avanzado de GPT persoalizado
8. Adestramento de modelos de Intelixencia Artificial
9. Desenvolvemento da base de coñecemento corporativa
10. A ética, ODS e os sesgos para o desenvolvemento competitivo da IA na empresa
11. Introducción a xeración de imaxes con IA
12. Aplicacións avanzadas para a creación de imaxes e videos con IA
13. Investigación IA con Perplexity, Google Gemini Deep Research e outras ferramentas
14. Ecosistema de aplicacións IA en Google
15. Búsqueda e posicionamento en Chatbots IA conversacionais
16. Creación de Chatbots con IA para a Web
17. Analise de datos e automatización con make.com
18. Propiedade Intelectual e seguridade da información
19. Cumprimento de normativas de RGPD e privacidade de datos
20. Implementación e casos de uso (II)
21. Casos de éxito da IA no turismo
22. Implementación da estratexia IA na peme turística
23. Presentación de proxectos
Formadores:
- Tirso Maldonado: Consultor IT e emprendedor. Socio Director en Roundcubers, especializado no desenvolvemento de solucións IT, transformación dixital, axilismo empresarial e Intelixencia Artificial.
- Joantxo Llantada: Asesor estratéxico e formador con 25 anos de experiencia en márketing, tecnoloxías da información, transformación dixital e novos modelos de negocio no sector turístico.
- Lasse Rouhiainen: Escritor, consultor e experto en IA, tecnoloxías disruptivas e márketing dixital. Licenciado en Comercio Intl. e Marketing pola Univ. finlandesa Haaga-Helia, conta con estudos sobre blockchain na Univ. de Oxford.
- Juan Carlos Fernández Martínez: Avogado e CEO de Tecnogados. Especializado en dereito e novas tecnoloxías, protección de datos, seguridade da información e privacidade.
- Jimmy Pons: Experto en innovación turística, mindfulness executivo e IA aplicada ao turismo. Desenvolvendo proxectos de innovación dende o humano, o sostible e o tecnolóxicamente avanzado.
Destinatarios: Empregados do sector turístico en activo.
Requisitos:
• Estar en activo (empregado/autónomo) ou fixo descontinuo dentro do sector turístico (axencias de viaxe, restaurantes, hoteis, empresas de lecer, etc.).
• Válido para traballadores con contrato en prácticas.
Prezo: Gratuíto. Financiado por Turismo de Galicia.
Certificado: Os alumnos que completen o curso e superen o test final obterán un certificado expedido por Turismo de Galicia por 150 horas.
Inscrición: Acceso ao formulario de inscrición na seguinte ligazón: PIQUE AQUI
Máis información: formacion.turismo@xunta.gal