CALIDADE TURÍSTICA

28 Sep 2021

CURSO DE INGLÉS PARA O SECTOR TURÍSTICO

Pechado

 CURSO DE INGLÉS PARA O SECTOR TURÍSTICO

 

Programa

Este curso de idiomas enmárcase dentro do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2021, que persigue a mellora das competencias lingüísticas dos profesionais do sector turístico galego,  coa oferta de formación en diferentes linguas para mellorar a calidade do servizo aos peregrinos e turistas que visitarán Galicia no Xacobeo 21 22.

O Curso myEnglish  permitirá continuar a formación nos diferentes sectores ofertada no primeiro semestre de 2021 por Turismo de Galicia,  ou iniciar a formación en lingua inglesa  e aprender a comunicarse de modo máis efectivo con clientes  ante o Xacobeo 21 22 e mellorar a comunicación con clientes internacionais no destino Galicia.

METODOLOXÍA:
Curso 100%  en liña  de 50 horas de duración, con acceso 24 horas todos os días da semana,  garantindo  a máxima flexibilidade de horarios.
É un curso intuitivo e fácil de usar, con contidos creados por  Oxford University Press,  que che axudará a desenvolver as túas destrezas de lectura, escritura e fala coa axuda dun profesor virtual. 
Ao inicio do curso, o alumno terá un Webinar de Benvida por parte do titor e servizo de titorías vía correo electrónico durante todo o curso do que poderá dispoñer mentres fai o curso no horario que mais lle conveña.

Cada curso consta de 12 unidades básicas  con autoavaliacións. Así mesmo o alumno ten dispoñible durante todo o curso recursos extras como Business Videos, Works mails, Articles, Working Culture, Phrasal Verbs, etc e o Diccionario Oxford Wordpower online
 

NIVEL DE IDIOMA DO CURSO:
Hai un total de 12 niveis dispoñibles, dende o A1 ate o C1+ ( De iniciación, medio, alto e  perfeccionamento)
Cada alumna/o  unha vez seleccionada/o realizará unha proba inicial de inglés, que determina o seu nivel para o curso.

No caso de que teña a proba de nivel feita de cursos anteriores poderá marcar o seu nivel ao solicitar a praza, e non terá que repetir a proba de nivel.

DATAS:

Solicitude de praza:do 27 de agosto ao 15 de setembro
Confirmación admitidos: 21 setembro
Duración do curso: 28 de setembro ao 13 de decembro
Exame Final: exame en liña entre o 20-24 decembro.

Nº CURSOS: 12 ( un de cada nivel)

Nº PRAZAS TOTAIS: 260

DESTINATARIOS:

Persoal  do sector turístico galego que desempeñe o seu traballo con atención ao público e desexe mellorar o seu nivel inglés para comunicarse cos seus clientes.
 

REQUISITOS:
Estar a traballar  (empregado/autónomo) ou en situación de desemprego ou  ERTE debido á  crise da  COVID-19  no sector turístico de Galicia.

CERTIFICADO:
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia  de 50 horas de formación no nivel que corresponda  as persoas que rematen non menos de un 80% do curso en liña e superen o test de autoavaliación final.

PREZO DO CURSO:
O curso é gratuíto, financiado por Turismo de Galicia.
 

INSCRICIÓN:
Máis información:  formacion.turismo@xunta.gal

 

Arriba