PR-G 167 ROTEIRO DA ERMIDA

Sendeirismo
1447
No Camiño de Santiago

Localización

Toques - A Coruña

Coordenadas:
42º 57' 49.6" N - 7º 58' 08.7" W

Descrición

Estamos noutro dos sendeiros que conforman a rede de rutas do municipio de Toques (PR- G 166, 167 e 168), entrelazados entre si para que os percorridos poidan combinarse.

O percorrido comeza por un tramo lineal que logo se converte en circular, sendo  aconsellable realizalo en sentido contrario ás agullas do reloxo para que o desnivel sexa máis livián. Deste xeito compartiremos un pequeno tramo co sendeiro  PR-G 166 para logo comezar o ascenso cara á ermida de San Cidre. Dende o máis alto, teremos unha magnífica vista panorámica do contorno. Dende o cruceiro poderemos divisar a singular planicie de matagueira que caracteriza ao L.I.C. Serra do Careón.

Continuaremos polos cumios da serra en dirección a San Xiao, un pequeno lugar onde poderemos acubillarnos á sombra da súa carballeira, visitar a ermida de San Xiao e contemplar a Casa Grande do Herdeiro cos elementos característicos dunha casa solarenga: hórreo, pombal e  cercado de pedra.

Antes de comezar o descenso cara ao punto de inicio visitaremos o castro de San Xiao, un exemplo perfecto para recoñecer as diferentes partes deste tipo de asentamentos. 

Acceso

Dende Melide seguir a CP- 4604 ata Souto, capital do Concello de Toques. A 60 m do edificio do concello, xirar en dirección a Mangoeiro. Seguir ata a Ponte da Grela e a uns 250 m atópase o comezo do sendeiro.

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo

Lonxitude

9,2 km (a ruta principal mide 9 km e a derivación de ida e volta 200 m). 

Punto de partida/chegada

A 250 m da Ponte da Grela (Concello de Toques).

Percorrido

A Ponte da Grela, Lugar da Tillería, Lugar de Buxán, Paradela, Desvío á ermida de San Cidre, Lugar de San Xiao, Castro de San Xiao, A Ponte da Grela.

Dificultade

Media

Duración

2 horas e 45 minutos.

Servizos

En Souto.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto totalmente

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

96-II Toques.

Máis información

Concello de Toques
Tel.: 981 505 826
correo@toques.es
www.toques.es

J Taboada (Técnico homologador de sendeiros)
Tel.: 626 835 030
xullotaboada@hotmail.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Arquitectura tradicional
Interese naturalista
Interese paisaxístico

Conexións con outros sendeiros

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba