AS TORRES DE OESTE

Paseos
779
No Camiño de Santiago

Localización

Catoira - Pontevedra

Coordenadas:
42º 40' 03.1" N - 8º 43' 41.9" W

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla

O Paseo

As Torres de Oeste 
Pegadas viquingas

O paseo fluvial do río Ulla é un percorrido situado na boca da ría de Arousa, onde as augas salobres penetran na terra cobregueando entre as xunqueiras. 

Comeza nun antigo muíño de marea, coñecido no lugar como muíño do Cura, situado na desembocadura do río Catoira e que estivo en funcionamento ata principios do século XX. Os muíños de marea son aqueles que utilizan a enerxía maremotriz para mover a súa moa e, aínda que este se atopa nun estado de deterioro importante, non deixa de ter un gran valor patrimonial, por ser un dos poucos exemplos que se conservan deste tipo de construcións.

A senda discorre pola beira do Ulla, a carón da praia fluvial, e atravesa logo unha zona de brañas que pertence á Rede Natura 2000 ata chegar ás Torres de Oeste. Esta importante fortaleza medieval, declarada Monumento Histórico Artístico dende 1931, foi levantada no século XII por orde do arcebispo Xelmírez para pechar o paso das inclusións viquingas e sarracenas que pretendían chegar a Compostela. No ano 1719 protexeron tamén o porto de Padrón contra os ataques ingleses. Un camiño de xabre e pasarelas de madeira levaranos ata o límite co concello de Valga, onde remata este paseo que nos permite percorrer a pé un treito do Camiño de Santiago coñecido como a Ruta marítima do mar de Arousa e río Ulla, seguindo o percorrido que a tradición lendaria asigna á chegada do corpo do apóstolo Santiago a Galicia.

Características

Lonxitude: 3,5 km (só ida)
Punto de Inicio:
Muíño do Cura 42°40'3.14"N / 8°43'41.95"W
Punto de Fin:
Límite co concello de Valga 42°41'13.57"N / 8°43'29.90"W

Accesibilidade a ter en conta

Zonas de terreo esvaradío

Tipo

Patrimonio oculto
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba