Ría de Ribadeo

O escudo de Ribadeo recórdanos que é aquí onde se garda a chave que abre a porta de Galicia, unha chave de ouro achada no mar. Entre Galicia e Asturias, a Ría de Ribadeo é un estreito brazo de mar duns 10 km, punteado aquí e alá polas barcas de vela latina que sucan a desembocadura do río Eo.

A ría forma parte da Reserva da Biosfera. Nas súa zona húmidas abundan cangrexos, salmóns, troitas... E nas súas beiras, bordeadas de piñeiros, eucaliptos e loureiro, refúxianse no inverno bandadas de patos, fochas e garzas reais que parecen sentirse a gusto aquí, preto das coloristas casas de indianos que salpican a ría.

Ribadeo, unha cidade de señoriais edificios, que conserva nas súas rúas, tendas e restaurantes, a pegada refinada dunha época na que foi primeiro porto do Cantábrico.

Arriba
Axúdanos a mellorar!