Entre Cabo Ortegal e Estaca de Bares ábrese a sinuosa Ría de Ortigueira. Salpicada de praias e calas virxes, Ortigueira é unha ría de exuberante vexetación e agrestes paisaxes, coroada pola serra da Capelada, onde abundan os cabalos salvaxes e a "herba de namorar". Fronte á illa de San Vicente, á que se pode chegar a pé coa marea baixa, esténdese a espectacular praia de Morouzos, de máis de 2 km e rodeada de piñeirais.

Fronte a Cabo Ortegal están Os Aguillóns, uns espectaculares farallóns que superan os 1.160 millóns de anos, converténdose nunhas das rocas máis antigas da terra.

Na praia de Morouzos, o segundo fin de semana de xullo, acampan máis de 20.000 persoas para asistir ao Festival do Mundo Celta de Ortigueira, que se celebra desde 1978, converteuse nunha cita de relevancia internacional para os amantes da música folk.

Arriba
Axúdanos a mellorar!