As festas de Lugo, as Festas de San Froilán, son das máis concorridas de Galicia... e duran case toda a primeira quincena de outubro e a parte gastronómica prolóngase todo o mes.
Durante este tempo, Lugo convértese a unha mesma relixión: a do teatro, a música, as verbenas, os pasacalles e as tapas! Para moitos, as mellores de Galicia, sobre todo riquísimas especialidades gastronómicas: o polbo á feira, a carne ao caldeiro e as riquísimas sobremesas tradicionais lucenses.
Lugo é tamén e, sobre todo, unha cidade cun espléndido pasado romano como se pode ver na Muralla que a rodea que é Patrimonio da Humanidade, nas Termas ou a Ponte Romana. E non se pode deixar pasar unha visita á Catedral e á Virxe dos Ollos Grandes, unha preciosa talla medieval de pedra policromada. E para recuperar forzas, unha tapa e un viño mencía nas concorridas tabernas do casco histórico.