A Ría de Arousa é a máis extensa das rías de Galicia. Durante séculos, a súa amplitude e riqueza propiciaron as invasións, así que para as conter no século XI construíronse as Torres de Oeste, en Catoira, hoxe escenario dun divertido Desembarco Viquingo. Vilagarcía de Arousa, cun agradable microclima a maior parte do ano, é a capital da ría de Arousa.