Plan de acción de promoción de Turismo de Galicia 2025

Dentro da Estratexia de Turismo de Galicia 2030, enmárcase o Plan de Acción Anual de Promoción de Turismo de Galicia 2025, que este ano inclúe máis de 130 accións, en máis de 30 mercados cun orzamento de máis de 13M€. Trátase dunha planificación que permitirá reforzar o posicionamento de Galicia en mercados nacionais e internacionais que se adapta ás novas realidades e tendencias no sector e novas demanda do viaxeiro. Con estas accións búscase:

 

 

  • Incrementar a proxección internacional, participando en feiras clave, promovendo fam trips e colaborando con axentes turísticos en mercados prioritarios como Alemaña, Reino Unido, Francia, Italia e Estados Unidos e ampliando e diversificando os mercados con máis potencial.
  • Mellorar e consolidar o posicionamento en mercados nacionais: Con accións que capten o turismo de proximidade a través de productos asociados ao turismo urbano, de natureza ou rural, entre outros.
  • Diversificar a oferta turística, potenciando segmentos como o turismo enolóxico, cultural, gastronómico, rural e de natureza, xunto co Camiño de Santiago.
  • Impulsar a sostibilidade e a dixitalización, fomentando prácticas responsables, promovendo o ecoturismo e mellorando a presenza dixital do destino en plataformas especializadas e redes sociais
  • Fomentar a desestacionalización e diversificación do destino, a través de eventos e produtos deseñados para distribuír a afluencia de visitantes ao longo de todo o ano e repartidos por todo o territorio
  • Reforzar a identidade de Galicia como destino de calidade, posicionándoa como un destino auténtico e diferenciado, cunha oferta turística baseada na excelencia, hospitalidade e respecto pola contorna

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

Arriba