12 de agosto de 2026 · Galicia

Eclipse total de Sol en Galicia

Todo o que necesitas saber para disfrutala de forma segura

Un evento astronómico excepcional que se poderá observar desde boa parte de Galicia.

Nesta páxina reuniremos a información práctica e as ligazóns oficiais para planificar a experiencia: onde situarte, cando mirar e como facelo sen riscos. Os contidos iranse completando e validando de forma progresiva.

Onde se verá

Consulta a franxa de totalidade e elixe un punto con boa visibilidade do ceo. Accede ao mapa interactivo oficial do IGN para localizar as mellores zonas.

Mapa interactivo

Horarios por provincia

Accede aos horarios estimados segundo a túa localización mediante o visualizador oficial. Nesta sección incorporaremos un resumo por provincias.

Ir a horarios

Seguridade na observación

Recomendacións claras para observar a eclipse con seguridade, con ligazóns e materiais de referencia.

Ver recomendacións

Fontes oficiais

Nota: en agosto Galicia está en horario de verán (CEST, UTC+2). As horas oficiais poden diferir da “posta de sol real” se o teu horizonte oeste non é plano.

Que é unha eclipse solar total?

Fases dun eclipse solar (imaxe ilustrativa).

Unha eclipse solar ocorre cando a Lúa pasa diante do Sol e proxecta a súa sombra sobre a Terra. No caso dunha eclipse total, a parte máis escura da sombra (umbra) cobre o lugar onde estás durante uns instantes: o día “apágase”, baixa a temperatura e faise visible a coroa solar.

Parcial

O Sol vese “mordido”. En ningún momento queda totalmente cuberto.

Anular

A Lúa tapa o centro, pero queda un “anel” brillante arredor.

Total

O Sol queda completamente cuberto durante a totalidade. É a experiencia máis espectacular.

Por que en 2026 a totalidade entra por Galicia?

A franxa de totalidade é estreita: só a ven completa os lugares polos que pasa a sombra da Lúa. En 2026, esa traxectoria cruza o noroeste da Península e abrangue boa parte de Galicia.

  • Dentro da franxa de totalidade: poderás retirar as gafas só durante eses segundos/minutos.
  • Fóra da franxa: verase unha eclipse parcial (moi acusado nalgúns puntos), pero non total.
  • Un bo punto de observación é aquel con horizonte despexado e pouca contaminación lumínica.
Esquema dunha eclipse solar: Sol, Lúa, Terra, umbra e penumbra.

Onde se verá en Galicia?

A eclipse do 12 de agosto de 2026 verase como total nunha franxa concreta. En Galicia, o fenómeno prodúcese ao final da tarde e cara ao solpor, co Sol baixo no horizonte. Como referencia, no municipio da Coruña o IGN indica que a eclipse remata arredor das 21:22 (hora oficial), antes da posta do sol. Importante: a visibilidade real pode variar se tes montes, edificios ou outros obstáculos cara ao oeste, polo que é clave escoller un lugar cun horizonte despexado.

Como escoller un bo punto de observación

  • Horizonte oeste despexado: a eclipse ocorre preto da posta de Sol, así que evita vales encaixados ou lugares con obstáculos.
  • Planifica accesos e aparcamento: busca espazos amplos e seguros (miradoiros, áreas recreativas, praias con saída ao oeste, etc.).
  • Chega con antelación: haberá moita afluencia en zonas de totalidade.
  • Confirma o teu municipio no mapa oficial: a franxa de totalidade é estreita e cambia de lugar a lugar.

Mapa interactivo

Este mapa permite comprobar, municipio a municipio se está dentro da franxa de totalidade.

Orientación por provincias

A Coruña

Provincia con presenza clara de totalidade. A capital (A Coruña) está en totalidade e tamén moitos municipios da área metropolitana e do norte/interior. No suroeste e nalgunhas zonas costeiras a eclipse pode quedar en parcial.

Lugo

É a provincia galega con maior presenza da franxa de totalidade. A maior parte do territorio estará en totalidade (incluída a capital).

Ourense

Provincia “de contraste”: maioritariamente parcial, con totalidade nalgúns municipios. A totalidade concéntrase sobre todo no leste/sueste (Valdeorras e zonas de montaña), mentres que na contorna de Ourense cidade e boa parte do resto predomina a eclipse parcial.

Pontevedra

Predomina a eclipse parcial, con totalidade só en municipios concretos do interior. Na maior parte da provincia a magnitude é moi alta pero sen totalidade; os mellores puntos están en zonas interiores concretas.

Capitais de provincia (datos do IGN)

Estas láminas son un resumo oficial para as capitais (non para toda a provincia). Para confirmar a totalidade no teu punto exacto, usa o visualizador do IGN.

Lámina IGN: A Coruña (Total) - horarios e fases da eclipse.

A Coruña (Total)

Inicio 19:31 · Máximo 20:28 · Fin 21:22

🌑 Totalidade 1m16s 📏 Magnitude 1.03 ☀️ Altura 12°
Lámina IGN: Lugo (Total) - horarios e fases do eclipse.

Lugo (Total)

Inicio 19:32 · Máximo 20:29 · Fin 21:22

🌑 Totalidade 1m24s 📏 Magnitude 1.03 ☀️ Altura 11.2°
Lámina IGN: Ourense (Parcial) - horarios e fases da eclipse.

Ourense (Parcial)

Inicio 19:33 · Máximo 20:30 · Fin 21:23

📏 Magnitude 1.00 ☀️ Altura 11.1°
Lámina IGN: Pontevedra (Parcial) - horarios e fases da eclipse.

Pontevedra (Parcial)

Inicio 19:33 · Máximo 20:30 · Fin 21:23

📏 Magnitude 0.99 ☀️ Altura 11.7°

Fonte: IGN/CNIG (portal de eclipses). Mantéñense logos e integridade do material.

Horarios por municipio

Busca o teu municipio e consulta os horarios oficiais da eclipse. Os municipios con TOTALIDADE amosan o inicio/fin da totalidade; o resto verán unha eclipse PARCIAL. Hora oficial (CEST, UTC+2).

Consello: escribe poucas letras e escolle na táboa.

A Coruña

Provincia: A Coruña
🌑 TOTAL
Inicio eclipse
--:--:--
Fin eclipse
--:--:--
Máximo
--:--:--
Magnitude
--
Inicio totalidade
--:--:--
Fin totalidade
--:--:--
Duración totalidade
--
Sol (altura · azimut)
--° · ---°

O Sol estará moi baixo cara ao oeste/oeste-noroeste no máximo da eclipse. Elixe un lugar con horizonte oeste despexado.

Municipio Tipo Máximo Totalidade Magnitude

Como observalo con seguridade

Protexer a vista é fundamental. Mirar o Sol sen a protección axeitada pode causar danos oculares permanentes.

Persoas observando unha eclipse con lentes de protección
O que se debe facer
  • Non mirar o Sol directamente a simple vista, incluso se está nublado ou o Sol vése débil.
  • Non empregues lentes de Sol convencionais, por moi obscuras que sexan.
  • Non empregues cristais afumados, radiografías, CDs, espellos, nin ningún “truco caseiro”.
  • Non apuntes cámaras, prismáticos ou telescopios cara o Sol sen filtros específicos homologados.
Protección axeitada

Para observar a eclipse con seguridade é imprescindible empregar:

  • Lentes para eclipse con certificación ISO 12312-2, compradas a distribuidores de confianza.
  • Filtros solares específicos para telescopios, prismáticos ou cámaras, colocados sempre por diante do obxectivo.
  • As lentes de eclipse só se poden empregar se están en bo estado, sen rascaduras nin perforacións. Ante a dúbida, non se deben empregar.
Fases parciais vs. totalidade
  • Durante todas as fases parciais, aínda que quede só unha pequena dentada do Sol, a protección é obrigatoria.
  • Só durante os poucos minutos de totalidade completa (cando o Sol está 100% oculto pola Lúa) é seguro mirala sen lentes.
  • En canto reaparece o primeiro borde brillante do Sol, hai volver poñerse a protección ao momento.
  • Se estás nunha zona onde a eclipse non chega a ser total, non debes quitarte os lentes en ningún momento.
Métodos de observación indirecta
  • Proxección cun cartón con burato (cámara estenopeica).
  • Proxección a través de prismáticos/telescopio sobre unha pantalla (só por persoas con experiencia).
  • Observación a través de retransmisións oficiais en streaming.
Consello práctico: leva as lentes contigo e comproba que están en bo estado antes de saír. Se tes dúbidas, prioriza métodos indirectos.

Recursos e ligazóns

Aquí reuniremos ligazóns verificadas (cartografía, cálculos, consellos de seguridade e materiais divulgativos). Engadiremos descricións breves e indicacións de atribución cando corresponda.

Ligazóns principais

Relación inicial de recursos. Iremos ampliándoa con contidos validados.

Ofertas

Presentámoste un conxunto de ofertas para poder disfrutar da eclipse en destinos sobranceiros de Galicia:

Arriba