SISTEMA FLUVIAL ULLA-DEZA

Espazos naturais
3687
No Camiño de Santiago

Localización

Pontevedra

A Estrada | Catoira | Pontecesures | Silleda | Valga | Vila de Cruces

A Coruña

Ames | Boqueixón | Brión | Dodro | Padrón | Rianxo | Rois | Teo | Touro | Vedra

Coordenadas:
42º 44' 42.9" N - 8º 28' 17.5" W

Descrición

Corazón de auga
Desde o nacemento na comarca luguesa da Ulloa ata a desembocadura na ría de Arousa, o río Ulla percorre uns 130 quilómetros. Por lonxitude é o terceiro río galego, tras o Miño e Sil, e serve completamente de límite provincial entre A Coruña e Pontevedra. Por ambas as beiras recibe as achegas de múltiples afluentes que forman unha extensa rede fluvial no centro de Galicia. Pola dereita, o río de Santiago de Compostela, o Sar cantado por Rosalía de Castro. Pola esquerda, o Deza que dá nome a unha das comarcas de forte tradición gandeira máis puxantes da comunidade.
A paisaxe amósase, daquela, moldeada pola actividade humana tradicional. Terra de camiños entre prados e os grandes pazos como o de Oca (A Estrada) ou o de Santa Cruz de Ribadulla (Vedra), con xoias vexetais nos respectivos xardíns. Por iso mesmo un bo lugar para observar as ribeiras fluviais son as numerosas pontes cargadas de significados históricos.
Con todo, en ocasións a natureza do río reclama a súa bravura en fervenzas de altos voos. A máis soada é a do río Toxa, tributario do Deza, polos seus 25 metros de caída. Fermosos sendeiros conducen ata o cadoiro e comunícano coa contorna do mosteiro de Carboeiro que é outro dos atractivos da zona.

Acceso

Acceso á desembocadura desde Padrón a Catoira. Treitos medios, desde A Ponte Ulla ou A Bandeira na N-525. Na Bandeira, desvío cara a Merza pola PO-204 para a fervenza do Toxa.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño de Inverno
Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Vía da Prata

Situación

Concellos de Catoira, Ames, Brión, Rois, Boqueixón, Dodro, Padrón, Rianxo, Teo, Touro e Vedra na provincia da Coruña. Concellos da Estrada, Pontecesures, Silleda, Valga e Vila de Cruces na provincia de Pontevedra.

Superficie

1.633 ha.

Servizos

Aloxamento: Si.
Comer: Si.
Natureza Espazos naturais ZEC - Rede natura 2000
Arriba
Axúdanos a mellorar!