HÓRREO DE ANDEADE

Etnográfico
536

Localización

Parroquia: Andeade (Santiago)

Lugar: A Casa Grande

15824  Touro - A Coruña

Coordenadas:
42º 52' 01.8" N - 8º 15' 29.4" W

Descrición

Hórreo sobre muros de carga de cachotería, agás os marcos de portas e xanelas, que son de cantería. Tornarratos en coroación de muros e columnas de pedra. Os balagustos e cinta que forman os paramentos verticais, son de madeira. Cuberta a catro augas con remate de tella curva sobre entramado de madeira.
Forma parte do conxunto do Pazo de Andeade. Recurso privado, visitable baixo petición.

Acceso

En automóbil son uns 4, 6 quilómetros, uns 7 minutos saíndo da capital municipal, Fonte Díaz, tomar a estrada AC-240 dirección norte, pasando polos lugares de O Barral e Santaia. Neste último xirar a man dereita onde o cartel de sinalización cara a Área recreativa de Santaia e continuar recto ata pasar polo lugar de Outeiro. Nesa intersección xirar a man esquerda dirección Andeade, xa no seguinte cruce xirar a dereita cara Andeade, e despois chegar a CP 0605. O destino estará a man dereita.
A pé é o mesmo percorrido e leva uns 56 minutos.
Patrimonio cultural Etnográfico Hórreo ou conxunto singular
Arriba