IGREXA PARROQUIAL DE SAN RAMÓN DO CHAO DO FABEIRO

Relixioso
440
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: O Chao do Fabeiro (San Ramón)

Lugar: Porto de Lobos 2

27418  Monforte de Lemos - Lugo

Coordenadas:
42º 34' 03.4" N - 7º 30' 51.7" W

Descrición

Está situada ao norte do núcleo de Porto de Lobos. Ergueuse no lugar onde estaba unha capela dedicada a San Ramón e as obras comezaron en 1879. Ten cuberta a dúas augas. Unha espadana de dous vans remata a fachada principal. No retablo maior, neoclásico, destaca unha pequena estatua de S. Ramón do século XVIII. Os retablos laterais son modernos e teñen imaxes da Inmaculada Concepción e da Virxe de Fátima. Na parte exterior dos muros laterais atópase unha modesta decoración de esgrafiados.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba