CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA TORRE DE HÉRCULES

Museums and collections
11

Location

Avenida Dr. José Luis Vázquez Iglesias, “Manito” s/n

15002  A Coruña - A Coruña

Coordinates:
43º 23' 01.7" N - 8º 24' 10.3" W

Description

A Torre de Hércules é un edificio de orixe romana, construído entre mediados e finais do século I, cunha intervención no século XVIII que permitiu a permanencia da construción ata a actualidade.

O Centro de Interpretación da Torre de Hércules ten a finalidade de divulgar os contidos do monumento da Torre de Hércules e o seu Valor Universal Excepcional.

A exposición fai un percorrido pola cronoloxía da Torre dende a súa construción ata o presente.

A Torre de Hércules segue a ser hoxe un sinal marítimo en funcionamento dende hai mais de dous mil años. Esta singularidade, a de ser o faro máis antigo do mundo e o feito de representar toda unha cultura xa inexistente, mais a restauración do século XVIII, tenlle valido a inclusión na Lista do Patrimonio Mundial no 2009.

A visita á Torre de Hércules permite percorrer, ademais, un interesante xacemento arqueolóxico musealizado, produto das escavacións realizadas en 1992 que amosan os restos romanos e medievais permitindo apreciar as diversas etapas históricas do monumento.

Os 234 chanzos da Torre fan difícil a accesibilidade para algúns colectivos, polo que o Centro de Interpretación é unha alternativa para coñecer o interior do monumento e a súa historia.

Kinds of services

Access for persons with reduced mobility
Cultural heritage Museums and collections Museums and collections to visit
Arriba