PR-G 122 CAMIÑOS DO TREGA

Sendeirismo
3027
No Camiño de Santiago

Localización

A Guarda - Pontevedra

Coordenadas:
41º 53' 40.1" N - 8º 52' 09.4" W
41º 53' 46.6" N - 8º 51' 57.0" W

Descrición

Rede de pequenos sendeiros recuperados que nos permiten percorrer e coñecer cumpridamente o Monte Santa Trega. A ruta principal coñecida como Volta ou Promonte (PR-G 122), na parte máis alta do monte, está acompañada doutros pequenos sendeiros coñecidos como: Camiño da Citania (1), Atallo Vello (2), Camiño da Fonte da Cal (3), Camiño do Concheiro (4) Camiño do Carro e da Cruz do Home, (5) e o Camiño das 14 revoltas (6).
Pódense escoller varias combinacións, sendo posible principiarmos o noso camiño na Guarda, dende o barrio da Cruzada, ben dende a parroquia de Camposancos ou ben dende o curuto do monte que acolle o Centro de Visitantes, así como outros servizos para o sendeirista.
Este conxunto de camiños ofrece un espazo xeográfico de excepcional beleza, con interminables vistas panorámicas sobre o Río Miño, a súa desembocadura e o océano Atlántico, converténdose nun miradoiro único.
Cada senda mantén unha identidade de seu, propoñendo nos seus percorridos a posibilidade de visitar lugares tales coma o Castro de Santa Trega, o Miradoiro de Areses, A Pedra Furada ou a Cruz do Home, entre outros.
O conxunto de servizos que se encontra en Santa Trega, con aparcadoiro e restauración, entre outros, son a combinación perfecta para planificar unha xornada enteira e gozar nunha contorna maxistral.

Acceso

Dende o centro da Guarda chegar á Alameda, pasar por diante da Casa da Cultura e coller a estrada de subida ao monte que chega ata o punto de inicio e final da ruta.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa

Un plus

CASTRO DO MONTE SANTA TREGA

A unha altura de 326 metros, case no cumio do monte, este poboado do s. I a.C, responde a concepcións de tipo estratéxico, como son o seu carácter defensivo na desembocadura do Río Miño e a proximidade de campos de cultivo e pasteiros para a gandaría.
Foi declarado Monumento Histórico-Artístico Nacional en 1931 e apenas se escavou unha pequena parte desta citania.
É un dos castros máis evolucionados da península e mesmo dispón dunha vivenda reconstruída. Destacan a composición e ordenación das súas rúas, así como o seu sistema de canalización de auga. As vivendas agrúpanse en barrios de oito casas que presentan unha fortificación arredor de todo o conxunto.Predominan as construcións circulares, en bastantes casos con vestíbulo, pero tamén hai testemuños de construcións de plantas ovais e cadradas.
Ademais existe un pequeno museo no que se expoñen pezas da escavación.

Lonxitude

7,7 km (A ruta principal mide 1,9 km e o resto de rutas 5,8 km)

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Casa Forestal do Trega (A Guarda) - UTM:29T X:510914 Y:4637955
Punto de partida: Miradoiro de Areses (A Guarda) - UTM:29T X:510964 Y:4638267

Percorrido

Miradoiro de Areses, Castro de Santa Trega, Casa Forestal do Trega.

Dificultade

Media

Duración

40 minutos a ruta principal e 2 horas o resto de rutas.

Servizos

No cume do Monte Santa Trega.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Non apto

Acceso a cabalo

Non apto

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

298-IV A Guarda.

Máis información

Concello da Guarda
Tel.: 986 610 000
alcaldia@aguarda.es
www.aguarda.es

Federación Galega de Montañismo
Tel.: 986 208 758 / Fax: 986 207 407
sendeirismofgm@yahoo.es
www.fgmontanismo.com

Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese xeral

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba