IGREXA DE SAN PEDRO DE TRASALBA

Relixioso
No Camiño de Santiago
238

Localización

Parroquia: Trasalba (San Pedro)

Lugar: Trasalba 40

32172  Amoeiro - Ourense

Coordenadas:
42º 21' 57.9" N - 7º 58' 29.9" W

Descrición

Igrexa románica de transición ao gótico do S. XIII con importantes reformas no S. XIX. Presenta unha interesante portada románica de transición ao gótico cun arco de medio punto claramente apuntado e tímpano de tradicional forma románica que descansa sobre dúas mochetas nas que se representan dous animais de medio corpo. Perfilan o tímpano dúas arquivoltas de arcos lixeiramente apuntados que se adornan con sinxelas molduras de baquetilla limitadas por un arco de case imperceptible apuntamento e decorado cun taqueado xaqués ou axadrezado. A superficie do tímpano, de forma semicircular lixeiramente apuntada, está decorado cunha cruz florenzada ou liriada a modo de Crismón. A portada setentrional imita en boa medida á portada occidental. No interior mantén o artesoado orixinal en madeira.

Acceso

Dende Amoeiro tomamos dirección a Parada de Amoeiro (3km) ata que vexamos un cruce que á man esquerda nos conduce directamente a Trasalba, a uns 5 km aproximadamente. A igrexa de San Pedro de Trasalba está á beira da estrada á man dereita, na entrada ao lugar de Cimadevila.

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Última actualización: 17/04/2018
Arriba