Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: FEIRA DO PEMENTO DE OÍMBRA&body=Recoméndoche que leas a información FEIRA DO PEMENTO DE OÍMBRA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/fi-or-000014/feira-do-pemento-de-oimbra?langId=gl_ES
Outra especialidade da horta galega, o pemento branco de Oímbra (Ourense), ten tamén a súa exaltación gastronómica e o seu recoñecemento como festa de interese turístico galego. Unha comida popular na Carballeira, o primeiro domingo de agosto, é o evento estrela do labor de promoción do pemento branco. Nos últimos anos está conquistando os mercados galegos e é sinal de identidade desta localidade da comarca de Monterrei. A festa leva celebrándose desde 1997 e atrae cada ano unhas 4.000 persoas.
Aínda que o maior atractivo da feira é o momento da comida, na que veciños e visitantes degustan tanto pementos brancos como carne, empanada ou polbo, o ambiente está animado desde primeiras horas, con concursos de pratos elaborados con pemento branco, degustacións gratuítas de pementos, expositores de venda de produtos artesáns, do campo e ferramentas agrícolas, actuacións folclóricas e incluso inchables para os nenos e nenas.
Destacado: Comida popular na carpa instalada na Carballeira.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.