O Baixo Miño débelle o seu nome, a súa paisaxe e a súa personalidade á presenza do río Miño, o máis importante dos cursos fluviais galegos. Esta zona, situada no extremo suroeste da provincia de Pontevedra, fusiona de forma harmoniosa tres tipos de paisaxe: de litoral, de montaña e de río.
A costa caracterízase por ser rectilínea entre o Cabo Silleiro e a foz do Miño na Guarda, na que apenas existen areais, e na que o mar bate con forza nas rochas.