Esta comarca do suroeste da provincia de Ourense destaca pola súa riqueza paisaxística, fauna e flora que inclúe o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés o máis extenso de Galicia con case que 30000 ha. Xunto co Parque Nacional da Peneda-Gerês portugués conforman unha reserva da biosfera transfronteiriza na que centos de especies animais e vexetais, algunhas delas endémicas, atopan o seu hábitat.
Estamos, sen dúbida, ante unha das zonas de Galicia con maior interese natural, paisaxístico, etnográfico e arqueolóxico.