Sexa saíndo de Seoane ou de Folgoso do Courel, pola LU-651, á altura da Área recreativa de Mogoxe colleremos o desvío cara ao Incio e a Seceda e pasaremos polo castro da Torre, do século II-IV d.C., situado xusto nunha curva e a poucos minutos andando. Na mesma dirección, chegaremos a Seceda, unha poboación que foi obxecto de restauración grazas a un programa da Unión Europea.
Seguindo a ruta por unha estrada serpeante, a 14,2 km, encontramos o lugar da Casela. A seguinte parada será A Ferrería (do Incio), unha aldea construída enriba de penedos que tivo un importante pasado balneario. Lamentablemente, o edificio do balneario atópase en reforma Tamén se pode visitar o manancial mineromedicinal nas proximidades, subindo por unha pista á esquerda ao pouco de saír da poboación.
O itinerario continúa pola parroquia do Hospital e á igrexa de San Pedro Fiz, a único templo románico de España construído en mármore. Case dous quilómetros despois xa estamos na Cruz do Incio, capital do concello. Desde este punto debemos coller a estrada LU-641 cara a Samos e aos 8 km desviarnos cara a igrexa de Santa María de Mao, onde se celebra a romaría de Santo Eufrasio, bispo natural de Andújar, cuxos restos repousan no templo. Para a visita hai que preguntar polas chaves na cantina “Casa Campo”, onde se celebra a romaría de Santo Eufrasio, bispo natural de Andújar, cuxos restos repousan no templo. É característico o cemiterio cuberto que rodea o templo.