MUSEO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA "CARLOS MASIDE"

Museos e coleccións
2111

Localización

Parroquia: Sada (Santa María)

Lugar: Samoedo

Rúa: O Castro de Samoedo

15160  Sada - A Coruña

Coordenadas:
43º 20' 22.1" N - 8º 16' 14.7" W

Descrición

O Museo de Arte Contemporánea 'Carlos Maside' xorde en 1970 ante a necesidade de recoller a obra e a documentación dos artistas da xeración dos anos trinta, ampliando posteriormente os seus obxectivos como testemuña da creación artística contemporánea galega. O museo atópase nun complexo arquitectónico que acolle ademais a fábrica de Cerámicas O Castro, un edificio destinado a mostra de cerámica, librería, e unha sala de exposicións temporais; o máis característico é o edificio do museo, formado por módulos hexagonais distribuídos en torno a un módulo central.

Máis información

Web: https://museos.xunta.gal/museos/museo-galego-arte-contemporanea-carlos-maside
Titularidade: Privada
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Arriba