IGREXA PARROQUIAL DE SAN XIAO DE VEIGA

Relixioso
150
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Pobra do Brollón (San Pedro)

27333  A Pobra do Brollón - Lugo

Coordenadas:
42º 35' 42.9" N - 7º 24' 42.0" W

Descrición

Construída na segunda metade do s. XII. Ten unha nave de planta rectangular, muros de cachote con perpiaños graníticos nas esquinas. Cuberta a dúas augas con tellado de lousa. Sancristía pegada a un dos laterais da nave. Campanario granítico con espadana de catro vans. Hai varias seteiras. Ten retablos do s. XVIII con esculturas no interior.

Acceso

Dende a capital municipal, toma a estrada en dirección a O Incio. A tres km cóllese o desvío que hai a man esquerda. A dous km e medio está a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba