IGREXA DE SAN XOÁN DE BORNEIRO

Relixioso
967

Localización

Parroquia: Borneiro (San Xoán)

Lugar: Borneiro

15119  Cabana de Bergantiños - A Coruña

Coordenadas:
43º 11' 22.9" N - 8º 57' 10.0" W

Descrición

Igrexa, de tipoloxía rural, levantada no século XVI, que sofre remodelacións durante o século XVIII, que a dotan dun estilo predominantemente barroco. A planta está composta por un presbiterio cuadrangular, unido a unha nave rectangular. Conta cunha pequena sancristía pegada ao muro norte. A cuberta é a catro augas con tella curva. Os muros son de cadeirado e presentan no lateral dous vans cunha porta de acceso, destacando unha cruz misional. Na fachada principal ábrese unha pequena porta de acceso sobre a que destaca a espadaña de dous ocos con dous arcos de medio punto, rematada por unha cruz flanqueada por dous pináculos. No interior é interesante o retablo barroco, do segundo terzo do século XVIII, formado por restos doutro retablo adaptados a un panel liso que enche o espazo, dividido en tres panos, os laterais con estípites e o central con columnas salomónicas.

Acceso

Dende a estrada Ponteceso-Laxe tomar a estrada AC-430 cara Baio, na parroquia de Borneiro desvío á esquerda ó pasar o Castro A Cidá.
Arriba
Axúdanos a mellorar!