Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: UNIVERSIDADE&body=Recoméndoche que leas a información UNIVERSIDADE extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/10785/universidade?langId=gl_ES
Antiga sede da Universidade e, actualmente, da facultade de Xeografía e Historia. O edificio constrúese no último terzo do s. XVIII segundo planos de Miguel Ferro Caaveiro, sufrindo transformacións a finais do s. XIX. Realizado en cadeirado de granito e coas cubertas de tella a dúas augas, é de planta cuadrangular organizada en torno ao claustro.
A fachada dividíase en dous corpos (o terceiro corpo é posterior) recorrendo aos entrantes e saíntes para dar sensación de dinamismo. Está presidida pola escalinata de acceso e a portada. Enmárcana catro columnas xónicas exentas de orde xigante que abarcan ambos corpos e que, antigamente, sostiñan un frontón coroado pola figura de Minerva, obra de Ferreiro (agora na facultade de Ciencias Químicas), onde agora se coloca o escudo.
O entaboamento actual está coroado polas estatuas dos benfeitores da Universidade en distintas épocas: Juan de Ulloa, o Conde de Monterrei, Álvaro de Cadaval e Gómez de Marzoa. No terceiro corpo encontramos os medallóns con Diego de Muros e Alonso de Fonseca e o releve da Sabedoría coroando á xuventude estudosa.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.