CAPELA DAS ANGUSTIAS DE RÍO BARBA

Relixioso
136

Localización

Parroquia: Río Barba (San Paulo)

27868  O Vicedo - Lugo

Coordenadas:
43º 39' 38.0" N - 7º 41' 33.0" W

Descrición

Capela de orixe moi antiga, aínda que reconstruída no século XVII. Situada no lugar de O Porto de Santa María a beiras do río Sor, nun canto apracible e bucólico, xunto á ponte do mesmo nome e ao lado do camiño de Río Barba a Mañón, entre as provincias de Lugo e A Coruña. De pequeno tamaño e de planta rectangular. No seu interior garda interesantes esculturas dos séculos XVI e XVII.

Accesibilidade

Peonil, en coche e en autobus pequeno.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Última actualización: 08/03/2017
Arriba