DEVESA DA ROGUEIRA

Espazos naturais
1518
Natureza Espazos naturais Sitio natural de interese turístico

Localización

Folgoso do Courel - Lugo

Coordenadas:
42º 36' 45.0" N - 7º 06' 14.0" W

Descrición

As devesas son bosques de tipo atlántico orientados ó norte. Actualmente, na serra de O Courel quedan poucas e as que hai, están sempre en ladeiras moi empinadas e son moi húmidas.
A devesa da Rogueira é a xoia ecolóxica da serra, con 30 quilómetros cadrados de bosque primario e unha impresionante diversidade arbórea. A fauna non desmerece a flora. Os pequenos ríos que baixan formando fervenzas acollen especies endémicas no norte peninsular como o tritón ibérico ou a ra patilonga. A devesa protexe corzos, martas, comadriñas, touróns, garduñas, gatos monteses e leiróns.
Un dos grandes atractivos da paraxe natural de O Courel é a ruta de sendeirismo que alí se encontra. O punto de partida é a pequena aula de natureza de Moreda onde hai unha exposición permanente que pretende dar información sobre as rutas e sendeiros que se poden realizar pola zona, e sensibilizar en canto ós valores ecolóxicos da serra e dos costumes da xente. A primeira parte do percorrido resulta bastante fácil e chan. Hai moitos paneis ó longo do camiño que mostran a bioloxía da devesa.
A partir de aí comeza un ascenso cada vez más complicado. Na parte baixa encontramos vexetación mediterránea con multitude de plantas aromáticas. A flora adquire tinguiduras atlánticas e aparecen abeleiras, carballos e arándonos. O centro desta paraxe é bosque cerrado e sombrío, de gran riqueza, onde podemos ver freixos, faias, teixos, acivros, capudres e bidueiros. Aquí tamén se refuxia a fauna mais interesante de O Courel. Por esta zona atópase a "Cova do Vello" con augas subterráneas e as grutas de O Oso, que están consideradas un habitáculo rupestre. Os romanos escavaron as súas entrañas para extraer ouro e durante a Idade Media multiplicáronse as ferrerías. A minería de chumbo, cobre, ferro e antimonio tivo tamén a súa época, pero hoxe en día soamente se mantén a explotación da lousa.
Na parte alta da devesa hai unha fonte con dous caños, por un brota auga limpa e polo outro, auga de color avermellada, polo seu elevado grao de compoñentes ferruxinosos.
Esta paraxe natural sitúase nunha zona de terrazas glaciares. Nas inmediacións abundan os ríos e algunha pequena lagoa glaciar como a de Lucenza.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Última actualización: 04/05/2015
Arriba