CRUCEIRO DE SAN PAULO DE PORTO

Etnográfico
1124

Localización

Parroquia: Porto (San Paulo)

Lugar: A Igrexa

36458  Salvaterra de Miño - Pontevedra

Coordenadas:
42º 03' 57.6" N - 8º 32' 10.6" W

Descrición

Situado nas proximidades da Igrexa parroquial. Áchase pechado por un enreixado e consta dun pedestal dun só corpo que recolle unha inscrición que fai alusión aos doadores. O fuste encáixase no pedestal, dispoñéndose dúas imaxes marianas sobre nubes. O capitel móstranos a inspiración clásica do artista, decorado con follas de acanto e volutas en resalte. Culmina o conxunto na Cruz coa imaxe de Cristo crucificado e un anxo portando o cáliz. Data do 1924.
Arriba