CAPELA DA SALETA NA TORRE

Relixioso
531

Localización

Parroquia: Erbecedo (San Salvador)

Lugar: A Torre

15147  Coristanco - A Coruña

Coordenadas:
43º 09' 44.7" N - 8º 42' 09.7" W

Descrición

Capela de pequenas dimensións próxima á Igrexa Parroquial de Erbecedo e ó cemiterio. Ten planta rectangular dunha soa nave e tellado a dúas augas de tella cerámica curva. A estrutura resólvese mediante muros de carga de pedra enfuscada e pintada, e cantería en esquinais e ocos. Trátase dun edificio de gran sinxeleza e austeridade ornamental. Na fachada principal ábrese a porta de acceso rectangular, no eixo central. No muro lateral sitúase unha ventá cun arco de medio punto. Sobre a cornixa do pinche da fachada elévanse dous pináculos nos extremos e no vértice sitúase a cruz de pedra rematando o conxunto.

Orden Relixiosa

Hoxe sen orde relixiosa
Arriba