IGREXA PARROQUIAL DE SAN MARTIÑO DE MEAÑOS

Relixioso
972

Localización

Parroquia: San Martiño de Meanos (San Martiño)

Lugar: San Martiño

15857  Zas - A Coruña

Coordenadas:
43º 03' 39.9" N - 8º 55' 17.9" W

Descrición

Construída no s. XVIII. Ten unha nave de planta rectangular, muros de sillarexo e cachote, cuberta a unha e tres augas con tellado de tella. A fachada, de cantería granítica, coa torre-campanario pegada, ten porta enmarcada por un arco de medio punto con doelas, un van rectangular e unha fornela, coa imaxe de San Martiño, rematada por un arco de medio punto e dúas placas. Corpo das campás coroado por unha cúpula. Sancristía pegada a un dos laterais da nave.

Acceso

Dende a capital municipal, toma a estrada a Castro. No primeiro cruzamento xírase á esquerda e en Castro tórcese á esquerda e a tres km tómase a vía que hai a man esquerda e que conduce a Meanos.
Arriba