IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE GÁNDARA

Relixioso
1064

Localización

Parroquia: Gándara (Santa María)

Lugar: Gándara

15149  Zas - A Coruña

Coordenadas:
43º 08' 02.0" N - 8º 52' 47.9" W

Descrición

Construída no s. XII, pero sofre importantes reformas no s. XIX e s. XX. Ten nave de planta rectangular, muros de cachotaría e cadeirado, cuberta a tres augas e tellado de tella. A fachada, de cantería granítica, ten porta rematada con dobre arco de medio punto e coroada por un van. Sancristía pegada ao presbiterio. Espadana, engadida no s. XIX, con dous corpos e dous vans, ambos os dous con arcos de medio punto. Ten unha cruz de prata feita polo prateiro compostelán Sebastián Felipe entre 1598 e 1624 no interior.

Acceso

Dende a capital municipal, tómase a estrada cara a Carreira. Tras pasar este núcleo xírase á esquerda e cóllese o terceiro desvío á esquerda que conduce a Gándara.
Arriba