CAPELA DE SANTA LUCÍA

Relixioso
778

Localización

Parroquia: Queiruga (Santo Estevo)

Lugar: Santa Lucía

15970  Porto do Son - A Coruña

Coordenadas:
42º 40' 33.0" N - 9º 01' 22.9" W

Descrición

Esta capela utilízase na actualidade como biblioteca e para impartir as clases de catecismo. A súa planta, de reducidas dimensións, é rectangular con muros de cadeirado de granito e cuberta de madeira a dúas augas de tella. A capela maior, na cabeceira, é máis estreita e de planta cadrada co pavimento en pedra. A fachada principal ten unha porta sinxela alintelada sobre a que se abre unha pequena ventá. No vértice ten unha pequena espadana dun só arco e coroada con pináculos.
Arriba