IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE RIBADEUME

Relixioso
891

Localización

Parroquia: Ribadeume (Santa María)

Lugar: O Campo

15329  As Pontes de García Rodríguez - A Coruña

Coordenadas:
43º 25' 15.9" N - 7º 53' 18.9" W

Descrición

Igrexa de planta rectangular dunha soa nave, con sancristía engadida no muro setentrional. Fabricada en cachotería granítica, agás reforzos de cadeirado de vans e esquinais, rebocada de branco deixando á vista o cadeirado granítico de esquinas. Cuberta de lousa a dúas augas en nave e a tres na ábsida. Fachada con porta principal de arco de medio punto e espadana de dous ocos, con acceso exterior a través de escaleiras. Interior: bóveda de crucería en ábsida, arco triunfal de medio punto, inexistencia de retablo e no seu lugar un gran crucifixo, e interesantes talles de Santo Antonio de Padua e San Roque, entre outras. Adro-cemiterio en torno. Parte do cemiterio é de estilo neogótico, de grande singularidade dentro do municipio pontés. Dentro do recinto da igrexa sitúase un sarcófago de granito, resto dun antigo cemiterio paleocristiano antano situado no Campo da Igrexa.

Acceso

Partimos do núcleo de As Pontes en dirección de Ferrol pola C-641, para -aos poucos quilómetros- torcer á esquerda pola CP-1802 cara a Goente (por Ribadeume). Aos 2,5 km., torcemos á esquerda para atopar coa igrexa tan só aos 200 metros.
Arriba