CASA DE PAULINO YÁÑEZ

Civil
1506
No Camiño de Santiago

Localización

Praza Compostela 12

36201  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 18.0" N - 8º 43' 17.9" W

Descrición

Edificio proxectado en 1900 por Michel Pacewicz. É de estilo historicista cunhas fachadas impresionantes, sobre todo a da Praza de Compostela. Esta fachada ten un corpo sobresaínte de chafrán con forma de galería neogótica de madeira. Nas plantas primeira e segunda hai dous balcóns de pedra calada do gótico tardío e na parte superior a monumentalidade complétase cunha cornixa voada, colocada enriba de arcos apuntados. A fachada que dá a Velázquez Moreno presenta un corpo semicerrado, saínte a modo de miradoiros nas primeiras plantas e remata na terceira cun balcón. Ten tamén decoración gótica pero no corpo central non hai cornixa, senón unha especie de frontón.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa

Máis información

Conservado
Arriba