Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 122 CAMIÑOS DO TREGA&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 122 CAMIÑOS DO TREGA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/277249669/pr-g-122-caminos-do-trega?ctre=23%26langId=gl_ES%26tp=6
CASTRO DO MONTE SANTA TREGA
A unha altura de 326 metros, case no cumio
do monte, este poboado do s. I a.C, responde a
concepcións de tipo estratéxico, como son o seu
carácter defensivo na desembocadura do Río
Miño e a proximidade de campos de cultivo e
pasteiros para a gandaría.
Foi declarado Monumento Histórico-Artístico
Nacional en 1931 e apenas se escavou unha
pequena parte desta citania.
É un dos castros máis evolucionados da
península e mesmo dispón dunha vivenda
reconstruída. Destacan a composición e
ordenación das súas rúas, así como o seu
sistema de canalización de auga. As vivendas
agrúpanse en barrios de oito casas que
presentan unha fortificación arredor de todo
o conxunto.Predominan as construcións
circulares, en bastantes casos con vestíbulo,
pero tamén hai testemuños de construcións de
plantas ovais e cadradas.
Ademais existe un pequeno museo no que se
expoñen pezas da escavación.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.