IGREXA DE SANTA MARÍA MADALENA

Relixioso
1211

Localización

Parroquia: Ribadavia (San Domingos)

Lugar: Ribadavia

Conxunto histórico de Ribadavia

32400  Ribadavia - Ourense

Coordenadas:
42º 17' 15.9" N - 8º 08' 30.9" W

Descrición

A orixe desta igrexa de considerables dimensións, anteriormente coñecida como Parroquia de San Xes, remóntase ao século XII, aínda que a edificación actual data do XVIII. A fachada neoclásica atópase entre pilastras rematadas en pináculos con bóla ferreriana. En 1826 construíronse a cornixa e a torre, cun óculo sobre o pórtico principal. A partir de 1486 comezou a ser coñecida tamén por Santa María Madalena, nome que se mantivo ata a actualidade, perdendo definitivamente –ignóranse as causas– o primitivo de San Xes.
Situada no barrio xudeu, hoxe dedícase a actividades culturais.

Acceso

Na praza de San Xoán, núcleo histórico.
Arriba