IGREXA PARROQUIAL DE SAN FINS DE SALES

Relixioso
973
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Fins de Sales (San Fins)

Lugar: Sales

15885  Vedra - A Coruña

Coordenadas:
42º 48' 29.0" N - 8º 29' 33.9" W

Descrición

Esta igrexa data da primeira metade do s. XVIII (ou foi reconstruída entre 1722 e 1744). É de planta de cruz latina. A capela maior está dividida en dous tramos cun arco de medio punto e as bóvedas de canón con lunetos. O retablo maior (1737) é de estilo barroco, mentres que o da Dolorosa é unha mostra de clasicismo ferriniano. A Virxe, case de tamaño natural, ten a pegada estilística do escultor Mateo de Prado.
As festas patronais celébranse os días 1,2 e 3 de Agosto.

Acceso

Dende o concello collemos a DP-8203 dirección Santiago e continuaremos ata un cruce que pon San Fins, onde colleremos cara a dereita. Continuaremos ata chegar a un núcleo de casas onde o límite de velocidade e 40Km/h. e alí mesmo atópase a Igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata
Arriba