IGREXA PARROQUIAL DE SAN FIZ DE VILAMARÍN

Relixioso
1334
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Vilamarín (San Fiz)

Lugar: Vilamarín

Rúa: A Lamela

27415  Monforte de Lemos - Lugo

Coordenadas:
42º 29' 12.9" N - 7º 26' 07.9" W

Descrición

A nave ten cuberta a dúas augas resolta en lousa. A capela maior sobresae do conxunto e está resolta en cuberta a catro augas. Na fachada principal ten adro cuberto soportado por tres columnas toscanas e dúas portas de arco de medio punto con doelas de pedra. Sobre elas atópase a espadana descentrada con respecto ao eixo da igrexa con dous vans con arcos de medio punto. Ten escaleira de pedra de subida ao campanario. No interior conta con tres retablos. O maior é salomónico de comezos do século XVIII con imaxes de San Paulo, San Fiz,  San Miguel, San Brais e San Bieito. O retablo dereito é rococó do século XVIII coa escultura de Nosa Señora do Rosario. O esquerdo, similar ao maior, ten escultura de San Xoán Bautista. Noutro retablo neoclásico atópase unha curiosa imaxe de San Xoán Degolado coa cabeza nas mans do século XVIII.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba