PAZO DE RIZAL

Civil
1072

Localización

Parroquia: Lagoa (San Vicente)

Lugar: O Rizal

27774  Alfoz - Lugo

Coordenadas:
43º 31' 01.0" N - 7º 26' 54.9" W

Descrición

Foi ordeado construir a mediados do século XVIII por José de la Vega y Río que se enriqueceu co comercio dos lenzos. Está composto por un núcleo central de pranta rectangular, con dúas prantas, está realizada en cantería ainda que foi pintado de branco e a cuberta é a catro augas. Na fachada principal presenta unha fermosa balconada de ferro forxado. A construcción compleméntase cunha capela, patio e alpendres. O conxunto está rodeado pola parte posterior dun muro de cantería sobre o que repousan catro escudos de armas que representan cada un a un dos campos do escudo cuartelado. Hai un portalón adintelado de entrada e no seu frontón aparece o escudo de armas da familia e inscrición relativa á súa linaxe: Vega, Varela, Partierra e Marrube. Propiedade privada non visitable.
Arriba