PAZO DAS BARREIRAS

Civil
977

Localización

Parroquia: Salvaterra (San Lourenzo)

Lugar: O Casal

36459  Salvaterra de Miño - Pontevedra

Coordenadas:
42º 05' 27.9" N - 8º 29' 48.9" W

Descrición

Propiedade privada non visitable. Edificio de cachotaría, con planta en "L" e dous pisos. Unha serie de construcións pechan o patio ao que dá a fachada principal, con escaleira en ángulo formado por dúas ás, que dá acceso a unha galería con piares sobre un soportal con arcos. Escudo no interior da galería. Na fachada oposta desta mesma á, balcón sobresaínte do muro sobre catro piares.
Arriba